Esta mañá presentouse en Chantada o XanelaFest! Queredes saber como vai ser?

👉 O 17 de outubro, a @cinemateam_oficial pode estar tocando no teu concello!

A empresa de telecomunicacións galega Xanela e a Orquestra Cinema teñen unha proposta que no vas poder rexeitar: agasallar ao teu concello cunha verbena que non ides esquecer! Queremos darlle pulo ao rural, así que ocorreusenos a idea de organizar un concurso entre os concellos galegos de menos de 40.000 habitantes (ou sexa, todos menos as sete cidades) para montar unha boa troula!

👉 Como o imos facer?

Cun concurso! Dende Xanela enviamos xa un correo a todos os concellos que poden participar para que nos conten se queren formar parte. Entre o 1 de xullo e o 31 de agosto abriremos a rolda de votacións na nosa web e, ao rematar o plazo de votación, daremos 15 días ao concello gañador para que elixa o pobo ou aldea onde quere que actúe a Orquestra Cinema!

👉Que podes facer ti para que gañe o teu pobo?

Pois moito! Animar aos teus amigos e familia a que o voten, compartir nas túas redes o enlace para votar, repostear nas túas redes o que publiquemos nas nosas… É dicir, unha campaña en condicións!

👉 Tedes toda a info na web xanelafest.es!

#XanelaFest #OrquestraCinema #fibragalega #Xanela #atúaXanela #fibrarural #fibraGalicia #fibraXanela #boaFibraboaVibra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *