A empresa de telecomunicacións galega Xanela ven de firmar un acordó co Grupo Aire e convértese en Operador Móbil Virtual (OMV).
Un OMV é unha compañía de telefonía que oferta todos os servizos móviles contando coa infraestructura de antenas dun operador tradicional (ORM). Deste xeito, Xanela pode operar baixo a súa propia marca e ofertar servizos máis competitivos.
Con este modelo chave en man, o Grupo Aire pon a disposición da operadora con base en Chantada unha plataforma integral para mellorar os seus servizos, así como para reducir a complexidade operativa e mellorar a calidade asistencial. Este tipo de acordos, chamados end-to-end, inclúen voz, datos, CRM, BSS/OSS, portabilidades, facturación, aprovisionamento e reporting.
En España hai máis de 15 OMV, e Xanela únese a eles para ofertar aos seus clientes opcións máis avanzadas, como eSIM, números cortos ou IP fixa no móbil, con acordos de cobertura e roaming altamente competitivos.
O director de Xanela, Iñaki Castiñeira, mostrase enormemente satisfeito con esta nova etapa da empresa galega no sector da telefonía móbil: “O noso obxectivo é prestar o mellor servizo a todos os galegos, especialmente no rural, e este acordo permítenos dar un paso de xigante na prestación de servizo móbil”.
Carlos Cortés, director comercial en Grupo Aire, pola súa banda, explica que “el enfoque de nuestro modelo de creación de OMV llave en mano permite arrancar en tiempo récord y sin ninguna complejidad técnica, manteniendo la flexibilidad comercial y la escalabilidad para ofrecer nuevos servicios. Este acuerdo nos permite mejorar las comunicaciones móviles, especialmente en zonas rurales, de la mano de un cliente estratégico como A túa Xanela”.
