Temos grandes novas: Xanela únese á rede aberta de Bluevía, o operador maiorista do grupo Telefónica, e poderá chegar ao 100 % do territorio galego!

En Xanela pechamos 2024 con 36.000 servizos activos e unha facturación de 4,1 millóns de euros, e para este ano o noso obxectivo é seguir medrando con vós, facilitando o desenvolvemento dixital nos concellos e zonas menos poboadas de Galicia! Nesta teima de conectar ata o último recuncho de Galicia, acabamos de asinar un acordo con Bluevía, o operador maiorista do grupo Telefónica, para poder alcanzar os concellos e zonas menos poboadas de Galicia. Grazas a esta colaboración, poderemos comercializar os servizos sobre a rede FTTH de Bluevía en Galicia, incrementando de xeito notable o noso alcance: grazas a esta nova rede, que se une a Rede Aberta e Adamo Whosale, a nosa empresa alcanzará o 100 % do territorio galego.

Como sabedes, Xanela é unha das empresas pioneiras no sector de servizos de fibra rural en Galicia. O noso obxectivo foi sempre reducir a fenda dixital entre o rural e as cidades e ofrecer as mesmas oportunidades de desenvolvemento a quen vive nas zonas menos poboadas da comunidade autónoma.

En 2024 superamos os 13.000 clientes: pechamos o pasado exercicio con 36.000 servizos activos e unha facturación de 4,1 millóns de euros, 500.000 € por encima das nosas previsións. Dos 36.000 servizos activos en Galicia, a fibra é o bloque maioritario, seguida polas liñas móbiles, o teléfono fixo e o servizo de televisión, nesa orde. Estamos presentes nas catro provincias galegas, e o obxectivo para 2025 é alcanzar os 5 millóns de euros de facturación, así como seguir apostando pola dixitalización do rural galego e converternos na operadora galega de referencia. O 80 % dos clientes de Xanela viven en zonas rurais, o que confirma que a nosa aposta por establecernos e e dar traballo no rural, así como centrarnos en dotar de conexión de fibra ás pequenas localidades galegas, foi un acerto.

Na actualidade, Xanela dá traballo de forma directa a 40 persoas e temos máis de 50 puntos de venda e tendas nas catro provincias galegas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *