Xanela e Bittel únense para reforzar o servizo de fibra e mellorar a experiencia dos seus clientes!
As operadoras de fibra Xanela e Bittel anuncian a súa fusión nun proxecto común co obxectivo de ofrecer un servizo máis sólido, próximo e de maior calidade aos seus clientes. Os clientes actuais non terán que realizar ningunha xestión adicional e continuarán gozando do servizo con normalidade, beneficiándose progresivamente das melloras derivadas desta unión, que é un paso estratéxico para ambas compañías: con ela suman esforzos, coñecemento e infraestrutura para ampliar a súa presenza nas zonas nas que operan e reforzar a cobertura de fibra óptica. A integración permitirá optimizar recursos, mellorar os tempos de resposta e garantir un servizo máis eficiente e fiable.
A nova etapa estará marcada polo traballo conxunto dos equipos de Xanela e Bittel, mantendo o compromiso coa atención personalizada e coa proximidade ao cliente que sempre caracterizou ás dúas operadoras.
🌐 https://atuaxanela.es/.
☎️ 900 899 122.
📲 621 142 500.
📬 info@atuaxanela.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *