Ola, son Iñaki Castiñeira, e quero contarche o meu proxecto

Son da vila de aquí o lado e coñezo ben as vantaxes de vivir nela pero tamén os reparos que temos sempre coas comunicacións, sexan por estrada ou por WiFi, aquí sempre temos que puxar un pouco máis para termos o mesmo que nas cidades. Hoxe internet é algo básico tanto na educación, nos negocios, no tempo de lecer ou soamente para pedir unha cita médica. Por iso decidín comezar unha andaina o teu carón, vou empezar por prover de tecnoloxía de fibra óptica as poboacións do rural, as pequenas esquecidas.

Eu e o meu equipo temos máis de dez anos de experiencia no campo das telecomunicacións e queremos que non haxa tanta diferencia entre estar aquí ou na cidade, imos dotar os fogares coa mesma velocidade (se non máis), e non é falar por falar: estamos en disposición de despregar a mellor infraestrutura para garantir a calidade. Queremos chegar onde ninguén chega, e a ti que vives nunha aldea como a miña que o de ter internet de calidade non sexa un soño.