O mércores 29 de outubro o noso director, Iñaki Castiñeira Alemany, foi de visita ao IES Val do Asma, en Chantada. Alí estase impartindo desde este curso o Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, no que colabora a nosa empresa. É o único centro galego que ten esta formación profesional, e os rapaces e rapazas que a están estudando comezarán no mes de maio a traballar en Xanela. Castiñeira explicou aos alumn@s a relevancia para as empresas coma a nosa de contar con traballadores formados, polo que esta FP ten moitísimas opcións de saídas laborais.
Moita sorte a tod@s!
