Hoxe foi un día enormemente feliz, ☺️. O noso director, Iñaki Castiñeira, recibiu o Billó de Ouro, e xunto a él estivo a súa familia e tamén moitísimos dos traballadores de Xanela: a súa outra familia. Xantamos un riquísimo cocido no Hotel Vilaseco (grazas pola vosa hospitalidade e pola impecable organización), acompañados por moitísmos amigos: máis de 100! Entre eles, os alcaldes do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo, e do Concello de Taboada, Roi Rigueira, ademais de varios concelleiros dos concellos da comarca e Javier Campelo, presidente do GDR Miño Ulla.
Puxémonos moi guap@s e pasámolo en grande! Os discursos dos alcaldes de do gran Porto, o organizador, foron cariñosos e tamén divertidos. E o de Iñaki Castiñeira foi moi emotivo, lembrado as orixes desta empresa que naceu como empresa familiar e que medrou e medrou ata ser o que somos hoxe, 🩶. Houbo tamén tempo para felicitar aos rapaces da Casa da Música de Chantada pola fermosa melodía que fixeron para Xanela (nuns días poñémola, prometido!).
O Billó de Ouro é un galardón que outorga a Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica (en colaboración co Concello de Chantada), fundada para promover e potenciar a cultura e gastronomía galega e portuguesa. Non podemos estar máis agradecidos de que este ano, no seu aniversario número 25, pensaran no noso director para recibilo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *