Xanela TV na túa Smart TV
Instala a aplicación e aprende a navegar polas canles e contidos.
Prepara o televisor
Conecta a Smart TV a Internet por Wi-Fi ou cable de rede. Ten á man o mando e os datos de acceso facilitados por A túa Xanela.
Busca e instala a aplicación
Activa o servizo
Se aparece o inicio de sesión, introduce o usuario e o contrasinal facilitados por A túa Xanela.
Se aparece un código, entra desde o móbil en auth.perseo.tv/activate/ e introduce o código que se mostra na televisión. Cando remate a activación, selecciona o teu perfil.
Xa está! Agora toca gozar
Co mando podes navegar polas canles, consultar a programación e descubrir contidos.
Entra en Directo ou Canles, escolle unha canle e preme OK.
Consulta os programas que están en emisión e os seguintes.
Se está dispoñible, reinicia un programa xa comezado.
Recupera emisións anteriores cando a canle o permita.
Garda canles favoritas e elixe un perfil, incluído un infantil.
Explora os contidos incluídos no teu paquete.
